E Puy chateando … !!

Marzo 10, 2010

Chamádeme raro, pero eu hai certas cousas que non entendo e moito menos comparto. O Parlamento de Galicia celebra dous plenos ordinarios ao mes en sesións de dou días.

Pois resulta que ao deputado do Partido Popular de Galicia, Pedro Puy, e ao seu grupo político non se lle ocorre mellor idea que participar hoxe (10 de marzo) día de sesión parlamentaria nun chat a través da web do PPdeG.

Durante máis dunha hora abandonou o portavoz de economía do PPdeG no Parlamento de Galicia o seu escano para respostar ás preguntas dos afiliados e simpatizantes populares. Pero o bo, é que no PPdeG considérano algo normal, porque, segundo eles: “A ausencia é dunha hora dentro de dous días de pleno. E repetimos que Pedro, ademais, segue o pleno dende o seu despacho”. Tale como me respostaron a través do seu Twitter.

Está claro que aos membros, tanto do PPdeG coma do goberno da Xunta dalle todo igual, e pásanse as institucións polo forro. Ao presidente da Xunta dalle igual que o Papa o reciba como séquito, e levar á súa parella como colaboradora; permítense frivolizar coa igualdade e disfrazar de chacha a un conselleiro; cambiar a toponimia dos concellos galegos e mentirlle ao Parlamento; apropiarse de xeito indebido de cartos de todos os galegos e galegas e recoñecelo publicamente e non dimitir; ou –como agora- abandonar o seu escano, e polo tanto o seu traballo, para ir a participar en actos de partidistas.

Non deixan de sorprenderme, que pode ser o próximo. Só Feijóo noso señor o sabe!!

AM


Entry Filed under: Galicia,PP,Política,Xunta. Etiquetas: , , .

3 Comments Add your own

  • 1. Lola  |  Marzo 10, 2010 at 2:51 pm

    Está claro que ti non viches nunca un Pleno no Parlamento, algo que podes facer facilmente a través de Internet. Así comprobarías que son moitos os deputados que permañecen gran parte do Pleno fóra do hemiciclo. Mentres Puy estaba chateando, nas bancadas socialistas, por exemplo, non había precisamente “overbooking”, Igual estaban todos chateando tamén.

  • 2. blas  |  Marzo 11, 2010 at 1:05 am

    Independentemente de quen sexa o Deputado ou Deputada, e do grupo político ao que pertenza, eu creo que hai horas ao día, e días ás semana … para que poidan chatear. Cando se atopan no Parlamento cumprindo coa súa labor -e pola que ademais cobran- deben de estar dedicados a iso en exclusiva.

    E polo menos que teñan un pouco de respecto, e non sexan tan caraduras de facelo dun xeito tan descarado e con tanta “jeta”, dándolle publicidade e diante dos ollos de todo o mundo. E encima tomándose eso a cachondeo, e pensando que o resto somos parvos.

    Saúdos

  • 3. Raquel  |  Marzo 11, 2010 at 11:13 am

    Buenas, Blas
    Pues precisamente ayer pude ver en directo a Lage Tuñas en su escaño actualizando su perfil de Facebook -tú mismo puedes ver las actualizaciones- desde el hemiciclo durante… 45 minutos?? No sabría decirlo con precisión porque los continuos paseos de Beatriz Sestallo -dándole alegres collejas a Abel Losada, por cierto- me despistaban…

    En fin… que ni el patio del colegio.

    El único momento de concentración fue cuando no aplaudieron en homenaje a Touriño.

Leave a Comment

hidden

Some HTML allowed:
<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <pre> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Trackback this post  |  Subscribe to the comments via RSS Feed


O último

O máis ollado

Calendario

Marzo 2010
L M X J V S D
« Feb   Abr »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Comentarios

oscar souto on Adeus ao Suky
blas on Escríbelle a Isaac Díaz P…
esther on Escríbelle a Isaac Díaz P…
demetrio on A censura da Cadena SER
blas on A censura da Cadena SER
anonnimo on A censura da Cadena SER

Blogs Socialistas

Recomendacións

Webs de Información

Webs Socialistas

Xeral

Arquivos

O meu Twitter

Meta

RSS PSdeG-PSOE

RSS El País Galicia

RSS Público

Estadísticas

Geo Visitors Map

De onde veñen?

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Categoría Nube

Autonómicas 2009 Barbanza Barça Blogs Socialistas BNG Boiro Curiosidades DdC Deportes Enlaces Familia Fene Fórmula 1 Galicia Goberno Humor Medios de Comunicación Municipais 2007 Música Persoal Política PP PSdeG-PSOE PSOE Publicidade Recomendacións Webs de Información Xerais 2008 Xeral Xunta

Etiquetas

11 Congreso 37 Congreso Alonso Autonómicas 2009 Aznar Barbanza Barça Blas blog Blogs Socialistas BNG Boiro Briatore campaña electoral DdC Dennis España FC Barcelona Feijoo Fernando Alonso Fórmula 1 Galicia Hamilton Humor La Voz de Galicia McLaren Mos Muxía Mª Amelia Música Nerea Núñez Feijóo Paula PP PPdeG PSdeG PSdeG-PSOE PSOE Rajoy Recomendacións Touriño Xerais 2008 XSG Xunta Zapatero

Fotos

Debuxo do Carrabouxo

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

Nevada (2)

More Photos